Que é a Axenda Urbana da Estrada?
A Axenda Urbana é a folla de ruta do Concello da Estrada cara a un futuro máis sostible nas dimensións ambiental, social e económica. Elabórase cos obxectivos de mellorar a calidade de vida e garantir o coidado do territorio coa vista posta no ano 2030.
Enmárcase na Axenda Urbana Española, un instrumento estratéxico sen carácter normativo elaborado de acordo cos criterios da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, da Nova Axenda Urbana das Nacións Unidas e da Axenda Urbana para a Unión Europea con 10 obxectivos estratéxicos.
Desenvolverase en catro fases sucesivas coa colaboración de diferentes áreas do Concello e a participación da comunidade local, que poderá facer achegas ao longo do proceso de elaboración a través de diferentes canles.
Guía didáctica da ​Axenda Urbana Española.
Como se pode participar?
Fai clic sobre cada Obxectivo Específico para saber máis e facer achegas á Axenda Urbana da Estrada, ou escríbenos ao mail axendaurbana@aestrada.gal.


Como se pode camiñar cara a un modelo máis sostible de ocupación do solo? Que modelo territorial che gustaría que se aplicase na Estrada nos vindeiros anos?

    Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
    Imposible enviar a mensaxe.
    Que accións cres que se poderían executar nos vindeiros anos para limitar o crecemento da pegada urbana da Estrada, preservar a contorna natural e mellorar a calidade dos espazos urbanos?

      Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
      Imposible enviar a mensaxe.
      Que accións cres que se poderían desenvolver a nivel local para mitigar os efectos negativos do cambio climático no noso territorio e adaptalo?

        Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
        Imposible enviar a mensaxe.
        Que estratexias cres que podería seguir o Concello da Estrada para promover o consumo de produtos de calidade elaborados no propio municipio? Que medidas debería aplicar para apoiar o comercio de proximidade?

          Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
          Imposible enviar a mensaxe.
          Que mecanismos cres que se poden poñer en marcha para mellorar a mobilidade no medio urbano e no medio rural, para incrementar o número de desprazamentos cotiáns a pé ou en bicicleta e para reducir o uso do vehículo particular?

            Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
            Imposible enviar a mensaxe.
            Que medidas cres que se poden aplicar a nivel local para reducir a desigualdade social, mellorar o benestar e cohesión da comunidade e axudar as persoas máis vulnerables?


              Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
              Imposible enviar a mensaxe.
              Que accións cres que se poderían executar nos vindeiros anos para favorecer a creación de emprego na Estrada? Com​o cres que se podería diversificar e dinamizar o tecido económico do municipio?


                Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
                Imposible enviar a mensaxe.
                Que accións cres que se poderían desenvolver a nivel local para facilitar o acceso á vivenda no medio urbano e no medio rural?


                  Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
                  Imposible enviar a mensaxe.
                  Que ferramentas cres que debería utilizar o Concello da Estrada para promover o uso das novas tecnoloxías? Que instrumentos cres que facilitarían a relación dixital entre a cidadanía e a administración local?


                    Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
                    Imposible enviar a mensaxe.
                    Que mecanismos cres que se poden poñer en marcha para facilitar o traballo das asociacións existentes no municipio e como se pode mellorar a súa interlocución coa administración local? Que ferramentas se poden utilizar para mellorar a participación pública a toma de decisións?


                      Grazas, a túa mensaxe foi enviada.
                      Imposible enviar a mensaxe.